Oroso organiza viaxes a praia para os seus veciños durante o verán
A praia a visitar será a da Barraña, en Boiro
O obxectivo e facilitar o acceso ao ocio estival a través de estas excursións a praia
O Concello de Oroso anuncia a posta en marcha dunha nova iniciativa para este verán: organización de viaxes á praia todos os martes durante os meses de xullo e agosto.
Esta actividade está dirixida tanto a persoas maiores como a mozos do municipio, co obxectivo de promover o desfrute do tempo estival.
As viaxes incluirán a recollida de veciños en distintos puntos do concello, incluÃndo
todas as parroquias, para garantir que todos teñan a oportunidade de participar e
beneficiarse desta nova proposta. Con esta iniciativa, o Concello de Oroso busca
ofrecer unha alternativa de lecer saudable e accesible, permitindo que tanto maiores
como mozos poidan gozar da praia e do mar.
"A nosa intención é proporcionar unha opción de lecer para todos os veciños,
facilitando o acceso á praia, un lugar onde poden relaxarse, divertirse e mellorar a súa calidade de vida", afirmou o alcalde de Oroso.
Os interesados en participar nas viaxes poden inscribirse no concello. Para facilitar a organización, recoméndase facer a inscrición con antelación.
Folla de inscrición e máis información