Comezan as obras de acondicionamento da pista deportiva en Porto Avieira

Obras na pista deportiva Porto Avieira

As melloras van dende os camiños ata a instalación de alumeado
O orzamento para esta actuación ascende a máis de 120.000€

O Concello de Oroso comeza as obras da pista deportiva na urbanización Porto Avieira, unha actuación que ascende a máis de 120.000€ para adecuar a zona co fin de dotar dunha pista deportiva para a urbanización.

O eixo principal da actuación é o acondicionamento dos camiños para o seu uso coma pista para a práctica deportiva e ao mesmo tempo sirvan de acceso ás instalacións existentes que inclúen un campo de béisbol, unha zona destinada á práctica do fútbol ou un parque infantil ademais de unha zona para usar de aparcadoiro de vehículos.

Outra das novidades é a de alumear os sendeiros así como o aparcadoiro con luminarias LED para facilitar a práctica deportiva fóra das horas diurnas.

"A nosa intención é proporcionar unha opción deportiva mellorada e máis accesible para todos os veciños de Porto Avieira", afirmou o alcalde de Oroso, Alex Doval.

Compartir: