A Directora Xeral de Mobilidade visita o Concello de Oroso para impulsar melloras en infraestruturas

A Directora Xeral de Mobilidade da Xunta de Galicia, Judit Fontela xunto co Alcalde de Oroso, Alex Doval, durante a súa vista ó Concello de Oroso

Mellora aparcadoiro na Alameda de Góis e intercambiador de autobuses en Porto Avieira
O alcalde Alex Doval destaca a importancia do apoio da Xunta

O Concello de Oroso acolleu hoxe a visita da Directora Xeral de Mobilidade da Xunta de Galicia, Judit Fontela. Durante a reunión mantida co alcalde de Oroso, Alex Doval, abordáronse diversos temas de relevancia para o municipio.

Entre os asuntos tratados destacaron a análise de vías de colaboración entre o concello e a Xunta de Galicia para a implementación de melloras en infraestruturas no municipio. Un dos proxectos principais é mellora do aparcadoiro na Alameda de Góis, unha zona estratéxica que favorecerá a accesibilidade e mobilidade na área.

Ademais, estudouse a colocación dun intercambiador (marquesina de grandes dimensións) de autobuses na Urbanización Porto Avieira, que permitirá optimizar o transporte público e facilitar os desprazamentos dos residentes.

O alcalde de Oroso, Alex Doval, amosou a súa satisfacción polo encontro e subliñou a importancia da colaboración institucional para o desenvolvemento do municipio. "Estamos moi contentos de contar co apoio da Directora Xeral para levar a cabo proxectos que melloren a vida dos nosos veciños", afirmou Doval.

Compartir: