Oroso participa na inauguración do Certame ArtÃstico GóisOrosoArte en Góis
Reforzase incluÃndo un intercambio cultural entre mozos de Oroso e Góis
A temática da exposición de este ano é sobre liberdade e interculturalidade
Artistas de Oroso e Góis intercambian as súas obras
O Concello de Oroso participou na inauguración do certame artÃstico GóisOrosoArte, que tivo lugar este venres ás 18:00 horas na localidade portuguesa de Góis onde acudiron o alcalde de Oroso, Alex Doval, e concelleira de cultura, MarÃa Requejo. Este evento, que se celebra dentro do marco de irmandade entre as localidades de Oroso e Góis, ten como temática nesta edición "Liberdade e Interculturalidade".
Ao mesmo tempo, desde o pasado luns, un grupo de mozos de Oroso atópase en
Góis participando nun intercambio cultural, promovendo asà a colaboración e o
entendemento entre as dúas comunidades asà como o desenvolvemento cultural entre
os xóvenes. Da mesma forma, un grupo de rapaces de Góis participará no intercambio
no mes de setembro acudindo a Oroso.
GóisOrosoArte é unha exposición artÃstica que se realiza tanto en Oroso como en
Góis, fomentando a creación e a participación de artistas novos e consolidados. A
quenda de Oroso terá lugar en setembro, e os artistas plásticos de ata 35 anos, asÃ
como artistas locais consolidados de calquera idade están convidados a participar.
Entre as obras que se presentarán no certame, un xurado seleccionará tres obras de
Oroso que serán enviadas e expostas na Cámara Municipal de Góis durante o mes de
novembro. De igual maneira, Góis enviará as súas tres mellores obras, que serán
expostas na Casa do Concello de Oroso, creando asà un intercambio cultural e
artÃstico entre ambas as localidades.
As bases están dispoñibles na web do Concello.
Este evento reflicte a nosa aposta pola liberdade, a interculturalidade e a cooperación internacional.