250 persoas participaron no primeiro mes dos "Martes de Praia"

Viaxe a praia da Barraña.

A ocupación foi superior ao 85% das prazas dispoñibles
Garantiza comodidade e accesibilidade para todas as idades
Da cobertura en todas as parroquias e o núcleo urbano de Sigüeiro
O servizo continúa no mes de agosto co prazo aberto para inscribirse

A iniciativa "Martes de Praia" foi un rotundo éxito no seu primeiro mes de funcionamento con 250 viaxeiros. A pesar de que as primeiras viaxes non contaron cun tempo verdadeiramente estival, a ocupación do servizo superou o 85% das prazas dispoñibles, demostrando unha gran acollida por parte dos veciños, especialmente nas últimas semanas onde a calor e o sol foron protagonistas.

"Martes de Praia" é un innovador servizo de transporte que ofrece aos residentes de todas as idades a comodidade de ser levados e recollidos directamente na praia. Este servizo gratuíto non só percorre todas as parroquias do concello, senón que tamén inclúe parada no núcleo urbano de Sigüeiro, facilitando así o acceso a todos os habitantes do concello. O servizo seguirá activo durante o mes de agosto co prazo aberto de inscripción.

"Estamos encantados coa resposta dos veciños", comentou a Concelleira de Servicios Sociais e Maiores, Lidia López. "Este proxecto foi deseñado pensando en ofrecer unha opción cómoda e accesible para gozar dun día de praia sen as preocupacións do transporte. A alta ocupación neste primeiro mes é un reflexo do interese e a necesidade deste tipo de iniciativas e animamos a que a asistencia no mes de agosto sexa igual de alta".

O servizo "Martes de Praia" está dirixido a todas as idades, fomentando a participación de mozos, adultos e maiores por igual. Esta diversidade de usuarios contribuíu a crear un gran ambiente, onde todos poden gozar dun día de sol e mar sen importar a súa idade ou condición.

Compartir: