Iníciase a construción dunha senda peonil entre a Esquipa e a Estación na parroquia de Trasmonte

Senda na parroquia de Senra

A nova senda, cunha lonxitude de máis de medio quilómetro, suporá un investimento de 48.000 euros
Esta actuación enmárcase nunha mellora progresiva das sendas peonís do municipio
A senda peonil en Vilarelle, parroquia de Villarromarís, está á espera de permisos sectoriais para a súa execución

O Concello de Oroso vén de iniciar as obras para a construción dunha nova senda peonil que unirá os núcleos de A Esquipa e a Estación, na parroquia de Trasmonte. Esta nova infraestrutura, que terá unha lonxitude de algo máis de medio quilómetro, conta cun orzamento de execución de 48.000 euros. A actuación supón a continuación natural da senda e das beirarrúas xa existentes, co obxectivo de mellorar a mobilidade e a seguridade dos peóns na zona e unir os núcleos da Esquipa e a Estación.

Esta intervención enmárcase nun proxecto máis amplo de mellora e ampliación progresiva das sendas peonís no municipio de Oroso. No mes de xullo levouse tamén acabo a adecuación da senda peonil na Igrexa de Senra, que vén a reforzar o compromiso do concello coa creación de espazos seguros e accesibles para o tránsito peonil, xa que esta última encontrábase sen rematar con hormigón no seu último tramo.

Ademais, cómpre salientar que o Concello de Oroso está á espera dos permisos sectoriais necesarios para poder licitar a senda peonil en Vilarelle, na parroquia de Villarromarís, o que permitirá continuar co plan de mellora da mobilidade peonil en todo o termo municipal, cun orzamento de saída de licitación de 111.000€

Compartir: