A embaixadora de HungrÃa en España, Katalin Tóth, realiza unha ofrenda floral en Oroso en homenaxe ao peregrino János Zádori
A ofrenda tivo lugar nas inmediacións do Camiño de Santiago ao seu paso por Sigüeiro
János Zádori foi o primeiro peregrino húngaro coñecido hai 150 anos
A tenente do alcalde, Lidia López, recibiu á embaixadora no acto institucional
O Concello de Oroso tivo a honra de recibir esta
mañá a visita oficial da embaixadora de HungrÃa en España, Katalin Tóth, quen se
desprazou ata o noso municipio para render homenaxe ao peregrino János Zádori, o
primeiro peregrino húngaro coñecido que percorreu o Camiño de Santiago ao seu
paso por Oroso hai 150 anos.
A embaixadora, acompañada pola tenente de alcalde, Lidia López, realizou unha
emotiva ofrenda floral ante a placa conmemorativa de Zádori, situada nas
inmediacións do Camiño en Sigüeiro. Este acto simboliza non só a fraternidade entre
os pobos húngaro e galego, senón tamén a importancia histórica e cultural do Camiño
de Santiago como nexo de unión entre nacións e persoas de todo o mundo.
Durante o seu discurso, Katalin Tóth destacou a profunda conexión que o pobo
húngaro sente co Camiño e lembrou a figura de János Zádori como un pioneiro que
contribuiu a estreitar lazos entre HungrÃa e Galicia a través do Camiño. Pola súa parte,
Lidia López agradeceu a visita da embaixadora e expresou o orgullo de Oroso por
formar parte deste legado histórico, manifestando o compromiso do Concello de seguir
impulsando a relevancia cultural do Camiño de Santiago no municipio.