Inician as obras de humanización e mellora do tramo leste da Rúa do Campo en Sigüeiro
Aumentarase a superficie peonil para mellorar a accesibilidade
O proxecto ten un orzamento total de 93.000 euros
Priorizarase o tránsito dos peóns fronte ao tráfico rodado
O Concello de Oroso anuncia o inicio das obras
correspondentes ao proxecto de humanización e mellora do tramo leste da Rúa do
Campo en Sigüeiro, cun orzamento total de 93.000 euros. Esta actuación ten como
principal obxectivo promover a seguridade e accesibilidade dos peóns, favorecendo
unha mobilidade máis sustentable.
Entre os cambios máis significativos, a Rúa do Campo pasará a ter sentido único de
subida cara á Rúa do Deporte, o que permitirá un maior espazo para os viandantes e
incrementará a seguridade viaria. Tamén se renovarán as infraestruturas básicas,
incluÃndo a substitución das canalizacións de augas pluviais, de subministración de
auga potable e de saneamento, mellorando asà o servizo para a veciñanza.
A reforma manterá as mesmas prazas de aparcamento que existen na actualidade,
compatibilizando a creación dun espazo máis humano coa preservación das
facilidades de estacionamento para residentes e visitantes. Ademais, a mellora
contempla a renovación da iluminación pública, que pasará a utilizar luces LED para
reducir o consumo enerxético e garantir unha iluminación máis eficiente e segura para
todos. Os pasos de peóns tamén serán renovados cun novo pintado que facilitará a
visibilidade e a seguridade dos mesmos.