O Concello de Oroso aproba os orzamentos municipais para o ano 2025 con 8,3 millóns de euros e un gran esforzo inversor
Gran aposta por infraestruturas: 3 millóns de euros en inversión directa
Compromiso social: incremento do millón de euros en servizos sociais
Mellora na xestión municipal: sen subidas impositivas
O Concello de Oroso ten previsto aprobou no pleno os orzamentos municipais para o ano 2025, cun importe total de 8,3 millóns de euros, que supón un compromiso claro co benestar dos veciños e o impulso de infraestruturas e servizos no municipio. Este orzamento destaca pola súa visión estratéxica e polo gran esforzo inversor que se realizará no vindeiro ano, co obxectivo de mellorar a calidade de vida e promover o crecemento económico de Oroso.
Un dos aspectos máis salientables deste orzamento é a destinar a cantidade de 3
millóns de euros á inversión directa, sen contar o POS (Plan de Obras e Servizos),
para a realización de obras de gran envergadura. Destacan especialmente dous
proxectos clave: a Humanización da Praza Isaac DÃaz Pardo, cunha dotación de
700.000 euros, e a Remodelación da Avenida da Grabanxa, que contará cun
orzamento de 900.000 euros. Estas obras son fundamentais para mellorar a
accesibilidade, a sustentabilidade e promover a dinamización económica local.
Ademais, o Concello de Oroso tamén quere destacar a gran colaboración por parte
da Xunta de Galicia e da Deputación da Coruña, que achegarán fondos para
diversas actuacións no municipio, consolidando a cooperación institucional e o apoio
ás iniciativas locais.
Os servizos sociais tamén terá un tratamento prioritario no orzamento de 2025, xa
que por primeira vez se superará o millón de euros de investimento nesta partida,
reflexando o compromiso do Concello coas persoas máis vulnerables. Neste sentido,
tamén se contempla un aumento do 22% no programa de alimentos para
emerxencias sociais, que ascenderá a un total de 50.000 euros, mellorando a
resposta a necesidades de carácter urxente.
No que respecta á presión fiscal, a eliminación da plusvalÃa non xerará subidas
impositivas, agás o incremento na taxa de lixo, que responde a un imperativo legal por
parte do Goberno de España. AsÃ, o Concello manterá a carga fiscal sen alteracións
importantes para os veciños.
Con respecto á planificación e organización, os orzamentos tamén teñen en conta a
totalidade dos contratos dos servizos municipais, o que permitirá mellorar a súa
xestión e asegurar que todas as partidas de investimento se destinan a proxectos que
favorezan a sustentabilidade e o benestar das veciñas e veciños de Oroso.
Entre as obras previstas, tamén se inclúe o cambio de tapete no Estadio Lino
Balado, asà como a mantemento e mellora das vÃas e espazos principais do municipio,
como parte do esforzo por manter un servizo público de calidade.
Este orzamento reflicte o compromiso do Concello de Oroso cos seus veciños, cunha
aposta decidida pola mellora das infraestruturas, a promoción económica e o benestar
social, sen esquecer a importancia de colaborar cos diferentes niveis de
administración para acadar os mellores resultados para o noso municipio.