O alcalde de Oroso mantén un encontro produtivo co delegado do Goberno en Galicia para tratar proxectos clave para Oroso
Instalación de iluminación nos pasos de peóns para mellorar a seguridade
Propostas para a construción de beirarrúas e mellora das infraestruturas
Reformas e cesións de espazos para favorecer o desenvolvemento do municipio
O Alcalde de Oroso, Alex Doval, mantivo hoxe un encontro cordial e produtivo co Delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, no que se trataron varios proxectos e necesidades fundamentais para mellorar a seguridade, a conectividade e o desenvolvemento do municipio.
Durante a reunión, trasladáronse unha serie de peticións para que o Goberno
de España as teña en conta na súa planificación.
A primeira proposta tratada foi a instalación de iluminación adicional nos pasos
de peóns máis frecuentados en Sigüeiro. Esta medida busca mellorar a visibilidade e garantir a seguridade dos peóns, especialmente nas horas de baixa luminosidade, reducindo os riscos para as persoas que circulan a pé.
Tamén se destacou a importancia de construÃr unha beirarrúa na N-550 desde
Deixebre ata o local social da parroquia. A falta desta infraestrutura actual
deixa aos peóns en situacións de risco, polo que se fai imprescindible para
garantir a súa seguridade.
Ademais, tratouse a cesión da parcela onde se atopaba a radio baliza de AENA
en Sigüeiro. A cesión deste espazo permitirÃa destinalo a un uso social ou
comunitario, favorecendo o desenvolvemento urbano e mellorando os espazos
públicos do municipio.
Outro dos puntos clave foi a mellora estética e de integración paisaxÃstica da
rotonda na N-550 á saÃda da AP-9. A súa reforma permitirá mellorar a imaxe de
entrada ao municipio, ao tempo que se integrará mellor co entorno natural,
respectando a paisaxe e mellorando a funcionalidade da rotonda. Igualmente, o
Alcalde solicitou a mellora do aglomerado da estrada N-550 ao seu paso polo
municipio, o que garantirá unha circulación máis segura e eficiente,
especialmente nos tramos de maior afluencia de vehÃculos.
Finalmente, tamén se solicitou a reposición dos pivotes verdes na entrada da
rotonda e ao longo da Avenida da Grabanxa (N-550), onde algúns están caÃdos ou directamente non existen. Estes pivotes son fundamentais para marcar a
delimitación das vÃas e mellorar a seguridade viaria.
O Alcalde de Oroso destacou a boa disposición do Delegado do Goberno en
Galicia para atender estas solicitudes e amosou a súa disposición a seguir
traballando de maneira conxunta coas institucións para levar a cabo as
melloras necesarias para o benestar da veciñanza de Oroso.