Recollida de xoguetes para a Campaña de Nadal en Oroso

Campaña de Xoguetes

O Concello de Oroso abre o prazo para a tradicional recollida de xoguetes. A campaña estará aberta dende o martes 3 ata o venres 20 de decembro e está dirixida a familias en situación de vulnerabilidade social que teñan fillos ou fillas menores de idade.

                        

Como podes colaborar?

Se desexas participar, podes entregar xoguetes ou libros en bo estado, preferentemente novos, no Concello de Oroso en horario de 9:00 a 13:30h.


Un acto solidario que fai a diferenza: Esta acción beneficiará directamente ás familias máis necesitadas do noso municipio. Como en anos anteriores, chamamos á solidariedade de veciños, veciñas, comercios e empresas de Oroso.

O reparto dos xoguetes será realizado de forma confidencial e co máximo coidado, para garantir que cheguen a quen máis os necesita.

Para máis información, non dubides en contactar cos Servizos Sociais no 981 688 950.

Contamos contigo para facer un Nadal máis solidario!

Compartir: