O xoven violinista Petre Abrahan Smeu galardoado no prestixioso certame NEW HOPE GRAND PRIX 2025
O xoven violinista Petre Abraham Smeu, veciño do noso concello, vén de acadar o
Gran Premio na sección de violÃn do prestixioso certame NEW HOPE GRAND PRIX 2025, celebrado en Satu-Mare (RomanÃa). Este recoñecemento supón un fito importantÃsimo na súa carreira musical.
O xurado, composto polos directores das principais orquestras filharmónicas do paÃs e por destacadas figuras do mundo da música clásica romanesa, destacou o seu enorme talento e brillante interpretación. Ademais do primeiro premio, Petre tamén foi distinguido co Premio Escpecial da Filharmónica Estatal "Dinu Lipatti" e co Premio Especial "Danil Racewu".
Como parte deste galardón, Petre terá a oportunidade de actuar como solista convidado nunha xira de 13 concertos durante a tempada 2025–2026, acompañado por algunhas das orquestras máis prestixiosas de RomanÃa.
Dende o Concello de Oroso felicitamos a Petre Abraham Smeu por este logro excepcional e desexámoslle o maior dos éxitos no seu prometedor futuro artÃstico. O seu esforzo, dedicación e paixón pola música clásica son un exemplo para toda a mocidade orosá.