Oroso inicia as obras de mellora na rede viaria de Marzoa

Inicio dos traballos de asfaltado en Altiboia (Marzoa)

Dende o Concello de Oroso seguimos traballando para mellorar a seguridade e a calidade das nosas infraestruturas. Nestes días iniciamos os traballos de asfaltado en Altiboia, Marzoa, dando así resposta ás demandas veciñais e garantindo unhas estradas en mellores condicións para todos.

Estas actuacións forman parte dun plan de mellora viaria que se estenderá ao longo dos próximos meses, co obxectivo de arranxar moitas das vías que necesitan renovación en todo o municipio.

O noso compromiso é claro: seguir investindo en infraestruturas para que os nosos veciños e veciñas dispoñan dun viario máis seguro, cómodo e moderno.

Compartir: