Oroso inicia tamén obras de mellora na rede viaria de Casasnovas

Inicio dos traballos de asfaltado en Casasnovas (Os Ánxeles)

O Concello de Oroso vén de acometer o inicio das obras de mellora na rede viaria de Casasnovas, na parroquia de Os Ánxeles.

Unha actuación que forma parte do plan de renovación de estradas que se estenderá ao longo dos próximos meses, co obxectivo de arranxar moitas das vías que necesitan renovación en todo o municipio.

Seguimos traballando para garantir vías máis seguras e cómodas para todos os veciños e veciñas.

Compartir: