O Pleno de Oroso acorda por unanimidade o avance clave na remodelación da Avenida da Grabanxa

Pleno ordinario do Concello de Oroso

No Pleno Ordinario celebrado onte, aprobouse por unanimidade o Convenio de colaboración entre Augas de Galicia e o Concello de Oroso, que permitirá subvencionar as obras necesarias, que corresponderían sufragar ao concello, para renovar a rede de abastecemento e saneamento de augas dentro do proxecto de remodelación da Avenida da Grabanxa.

Ademais, tamén se aprobou a rectificación anual do Inventario Municipal e diversas iniciativas relacionadas co balance económico e a contabilidade do Concello, co obxectivo de manter unha xestión responsable e transparente.

Seguimos traballando para mellorar as infraestruturas, os servizos e a planificación municipal ao servizo de toda a veciñanza.

Compartir: