Melloras viarias na Rúa Castelao da Urbanización Porto Avieira

Traballos de mellora na rede viaria da Rúa Castelao (Urbanización Porto Avieira)

O Concello de Oroso vén de iniciar as obras de acondicionamento e mellora do firme na Rúa Castelao, situada na Urbanización Porto Avieira, unha zona que presentaba importantes deficiencias e onde as demandas veciñais facían necesaria unha actuación urxente.

Estes traballos enmárcanse dentro do plan de mellora da rede viaria municipal que se está a desenvolver en diferentes puntos do concello, co obxectivo de ofrecer estradas máis seguras, cómodas e adaptadas ás necesidades actuais.

Continuamos traballando para mellorar as infraestruturas de todos os núcleos do noso territorio.

Compartir: