Oroso segue coas melloras nas estradas das parroquias

Traballos de mellora na rede viaria en O Barreiro (Oroso)
O concelleiro de Medio Rural e Parroquias, Carlos Mosquera, na visita as obras de mellora

O Concello de Oroso vén de iniciar as obras de acondicionamento e mellora do firme en O Barreiro (Oroso), Castro (Trasmonte) e O Empalmente (Trasmonte).

Uns traballos que dan continuidade ao plan de mellora da rede viaria municipal que se está a desenvolver en diferentes puntos do concello, co obxectivo de ofrecer estradas máis seguras, cómodas e adaptadas ás necesidades actuais.

Compartir: