Hoxe asinouse o convenio entre Augas de Galicia e o Concello de Oroso
Damos un paso máis cara á remodelación integral da Avenida da Grabanxa. O acordo asinado permitirá financiar as obras de saneamento e abastecemento de auga incluídas neste proxecto, que se acometerá en canto se formalice tamén o convenio coa Deputación da Coruña.
Grazas a este convenio, o Concello de Oroso non terá que asumir a parte dos 268.000 euros que corresponde a estes traballos. Un aforro importante para as arcas municipais e un exemplo de boa xestión e colaboración institucional.



