X Torneo EDXO - Concello de Oroso

Representantes do Concello, membros da directiva da EDXO e participantes durante o X Torneo de Fútbol

O Campo de Fútbol Municipal Lino Balado acolleu hoxe, 1 de maio, a 10ª edición do Torneo da ED Xuventude oroso, nas categorías Benxamín e Prebenxamín.

Máis de 11 horas de fútbol base onde se viu a ilusión, o compañeirismo e moita emoción nunha xornada que xa é un referente no deporte de formación da comarca.

Grazas aos equipos participantes, ás familias, á organización e a todas as persoas que fixeron posible este día inesquecible.

Un torneo para recordar... e xa contamos os días para o seguinte!

Compartir: