Oroso ten todo preparado para acoller a IV Mini BTT Concello de Oroso

Alex Doval, alcalde de Oroso e Carlos Fernández, concelleiro de Deportes xunto os membros do Club Ciclista Oroso na presentación da IV Mini BTT Concello de Oroso

O domingo 25 de maio, o Parque do Carboeiro acollerá unha nova edición da Mini BTT Concello de Oroso, presentada no día de hoxe.

Unha proba oficial da Copa Galicia BTT Mini organizada polo Oroso Club Ciclista e patrocinada polo Concello de Oroso.

Un evento pensado para as categorías de base, desde promesa ata infantil, cun percorrido adaptado ao entorno natural do parque e que busca fomentar o deporte e os hábitos saudables desde idades temperás.

As inscricións estarán abertas ato o 23 de maio ás 23:59 horas a través da páxina da Federación Galega de Ciclismo.

Se precisas máis información, podes chamar ós teléfonos 639158750 ou 616274094, ou no evento da Mini BTT da páxina web do concello.

Compartir: