A S.D. Deixebre logra o ascenso á Segunda (Futgal)

A S.D. Deixebre na celebración da victoria xunto o alcalde, Alex Doval, e o concelleiro de Deportes, Carlos Fernández

A S.D. Deixebre, logrou este domingo un histórico ascenso a Segunda (Futgal) tras un trepidante encontro que fixo vibrar á afección!

Un grupo unido, cheo de compromiso e paixón polo fútbol, que co seu esforzo durante toda a tempada acadou un soño merecido.

Desde o Concello de Oroso, parabéns aos xogadores, corpo técnico e afección por esta gran fazaña. Sodes un orgullo para todo o municipio!

Compartir: