X Torneo EDXO - Concello de Oroso
O Campo de Fútbol Municipal Lino Balado acolleu este domingo 18 de maio a 10ª edición do Torneo da ED Xuventude oroso, nas categorías Alevín e Biberón.
A ED Xuventude Oroso realizou unha gran actuación no X Torneo EDXO - Concello de Oroso, acadando magníficos resultados:
- Campións Alevín
- Subcampións Biberón
- Cuarto posto Alevín B
Parabéns aos nosos pequenos grandes futbolistas polo esforzo e deportividade
Grazas aos equipos participantes, ás familias, á organización e a todas as persoas que fixeron posible este día inesquecible.


