Oroso acolleu a IV Mini BTT cunha participación récord

Entrega de premios co alcalde, Alex Doval e o concelleiro de Deportes, Carlos Fernández

O Parque do Carboeiro converteuse no epicentro do ciclismo base na mañá do domingo coa celebración da IV Mini BTT Concello de Oroso, unha cita que reuniu a máis de 350 nenos e nenas chegados de toda Galicia.

Un día para promover o deporte, os hábitos saudables e o contacto coa natureza nun entorno único como é o noso parque.

Clasificación Podes consultar a clasificación de todos os participantes por categoría no seguinte enderezo da Federación Galega de Ciclismo

Grazas ao Oroso Club Ciclista, ás entidades colaboradoras e a todas as familias por facer deste evento un éxito!

Compartir: