A oficina móbil de retorno da Xunta visita Oroso para axudar as persoas emigrantes

Programa Galicia Retorna

A oficina móbil de retorno da Xunta, un servizo pioneiro destinado a ofrecer información e asesoramento especializado aos emigrantes que retornan a Galicia e ás súas familias, estará en Oroso o 17 de xuño, na praza Isaac Díaz Pardo, de 9 a 14 horas, para facilitar o regreso de persoas emigradas e dos seus descendentes que queiran establecerse de novo en Galicia.

Este servizo móbil complementa ás oficinas permanentes situadas en Santiago, A Coruña, Lugo, Orense e Vigo, ofrecendo unha ampla gama de servizos adaptados ás necesidades específicas das persoas retornadas.

Entre os servizos máis destacados están o asesoramento personalizado para un retorno exitoso, a información sobre programas de apoio ao retorno, a axuda coa documentación, a orientación laboral e profesional e o apoio en cuestións de vivenda e educación.

Unha iniciativa da Secretaría Xeral da Emigración en colaboración cos concellos galegos.
Podes obter máis información na web emigracion.xunta.gal ou a través do correo retorna@xunta.gal.

Compartir: