Galicia sabe Amar, na Gala do Deporte
Hoxe 13 de xuño, coincidindo coa celebración da IX Gala do Deporte, teremos no Pavillón a visita da foodtruck da campaña "Galicia Sabe Amar", promovida pola Xunta de Galicia e cofinanciada pola Unión Europea.
Entre ás 18:00 horas e ás 21:00 horas poderás desfrutar dunha degustación gratuÃta de produtos do mar preparados ao momento, nunha iniciativa que pon en valor o noso produto pesqueiro e o traballo da nosa xente do mar.


