O Concello de Oroso pon en marcha un novo programa de distribución de composteiros domésticos para fomentar a compostaxe

Composteiros que se repartirán entre a veciñanza

Dispoñibles para a veciñanza con solicitude previa
Anunciarase a data e lugar para a entrega dos composteiros
Unha iniciativa en colaboración con SOGAMA

O Concello de Oroso anuncia a posta en marcha dun novo programa de distribución de composteiros domésticos para os veciños do municipio, en colaboración con SOGAMA. Esta iniciativa ten como obxectivo promover o uso da compostaxe nas vivendas, contribuíndo así á xestión sostible dos residuos orgánicos e á protección do medio ambiente.

Os composteiros, que están dispoñibles en número limitado, poderán ser solicitados a través do rexistro do concello. Para iso, é imprescindible cubrir a solicitude e presentala nas oficinas municipais ou a través da sede electrónica. Unha vez recibidas as solicitudes, o concello anunciará a data e o lugar de entrega dos composteiros unha vez pechada a listaxe de solicitudes.

Agradecemos a SOGAMA pola súa colaboración nesta iniciativa de fomento da compostaxe e a sostibilidade no noso concello.

Compartir: