Visita da deputada provincial Rosa Ana GarcÃa ó Concello de Oroso
No dÃa de hoxe, o Concello de Oroso recibiu a visita da deputada de Emprego, Industria e Medio Ambiente da Deputación da Coruña, Rosa Ana GarcÃa, para coñecer de man do alcalde de Oroso, Alex Doval, o impacto do Plan de Emprego Local (PEL) no tecido empresarial e nos servizos municipais do municipio.
Durante a visita, representantes de ambas institucións achegáronse ás instalacións de dúas empresas locais: o ximnasio Ready Go Gym e a clÃnica Todosaúde, ambas beneficiarias das diferentes liñas de axudas do programa PEL.



