IV Edición Media Maratón do Camiño Inglés
Este venres pola mañá celebrouse en Ardemil (Ordes) a presentación oficial da IV Media Maratón do Camiño Inglés, coa participación do alcalde de Oroso, Álex Doval, quen destacou a importancia de seguir apostando por eventos que unen deporte, natureza e posta en valor do noso territorio.
O vindeiro 5 de xullo acolleremos en Oroso a meta da IV Media Maratón do Camiño Inglés, cunha proba principal de 21 km, unha carreira de 10 km e dúas probas para a rapazada.
A inscrición está aberta ata o 2 de xullo en www.carreirasgalegas.com, podes consutlar toda a información dende a web do concello.


