Borja Nouche proclámase Campión do Mundo de Duatlón Sprint Máster 35
O veciño de Oroso, Borja Nouche, proclamouse onte en Pontevedra Campión do Mundo de Duatlón Sprint na categorÃa Máster 35, representando á Selección Española de Triatlón.
Estes Mundiais, organizados pola Federación Española de Triatlón coa supervisión de World Triathlon, celébranse entre o 20 e o 29 de xuño de 2025, reunindo a máis de 4.000 deportistas procedentes duns cincuenta paÃses.
Borja é un atleta habitual nas carreiras do Club Atletismo Tambre e tamén compite en duatlón co Triatlón Compostela.
Desde o Concello de Oroso felicitámolo polo seu enorme éxito internacional, exemplo de superación, traballo e paixón polo deporte.
O deporte orosán segue deixando pegada no mundo.


