Presentación en Oroso do libro "Sueño que pierdo el avión"
Hoxe tivo lugar en Oroso a presentación do libro Sueño que pierdo el avión, da autora Yolanda Alonso, unha obra publicada pola editorial Carena.
A novela afonda na historia de Ada, unha muller que escribe cartas á súa irmá falecida, nun exercicio de memoria, emocións e reencontro co pasado familiar.
Desde o Concello de Oroso agradecemos á autora e ás persoas asistentes a súa participación nun acto que achega a cultura e a literatura ao noso municipio.


