O Concello de Oroso acomete unha reforma integral na sede do CRA de VillaromarÃs tras os danos causados por un temporal
O Concello de Oroso vén de completar unha reforma integral nas instalacións do Centro Rural Agrupado (CRA) situadas na parroquia de VilaromarÃs, logo dos graves danos provocados por un recente temporal, que afectou especialmente á cuberta do edificio. A intervención tiña como obxectivo principal restaurar a seguridade e funcionalidade do inmoble, garantindo asà unhas condicións óptimas para o desenvolvemento das actividades educativas.
As actuacións realizadas incluÃron:
- A substitución completa da cuberta, que presentaba filtracións e deterioro estrutural tras o paso do temporal
- O pintado interior e exterior do edificio, asà como dos elementos de carpintarÃa, co fin de renovar a estética e protexer os materiais
- A mellora da instalación eléctrica, adaptándoa ás normativas vixentes e incrementando a eficiencia e seguridade do sistema
O investimento total da obra superou os 38.000 euros, financiados integramente polo Concello, cun enfoque claro en proporcionar un espazo educativo seguro, moderno e funcional para o alumnado, profesorado e demais membros da comunidade escolar.
Esta intervención en VilarromarÃs forma parte dunha aposta firme do goberno local pola educación no ámbito rural, asà como polo mantemento e mellora das infraestruturas públicas nas distintas parroquias do municipio. O goberno de Oroso destaca que "seguiremos traballando para garantir que todas as crianzas, independentemente de onde vivan, poidan acceder a espazos educativos dignos e ben equipados".
Con esta actuación, o Concello reforza o seu compromiso coa igualdade de oportunidades e co desenvolvemento equilibrado do territorio, apoiando servizos esenciais como a educación en contornas rurais.




