A Aula CeMIT de Oroso acollerá o obradoiro STEAM 2025 para rapaces e rapazas de 9 a 16 anos
O Concello de Oroso, a través da Aula CeMIT de Sigüeiro, organiza os dÃas 10 e 11 de xullo o Obradoiro STEAM 2025, unha actividade dirixida a fomentar as vocacións tecnolóxicas entre a mocidade do municipio mediante dinámicas lúdicas e prácticas no ámbito STEAM (Ciencia, TecnoloxÃa, EnxeñarÃa, Arte e Matemáticas).
En qué consiste:
Trátase de impulsar actividades desde idades temperás dirixidas a rapazas e rapaces para espertar o seu interese e reforzar a confianza nas súas capacidades para cursar estudos STEAM a través de obradoiros prácticos, onde aprender e experimentar coa tecnoloxÃa, coa finalidade principal de fomentar o talento e espertar vocacións tecnocientÃficas.
O obxectivo desta iniciativa é dar maior visibilidade entre as nenas e nenos aos roles no sector TIC e motivar desta maneira as súas vocacións tecnolóxicas, e nesta ocasión está orientada a programación de autómatas.
Contidos do obradoiro
- Introdución ás placas micro:bit (tarxetas programables)
- Programación básica con comandos
- Creación de proxectos con kits de robótica e materiais reciclables
- Traballo en grupo e desenvolvemento de proxectos libres
Inscricións:
RealÃzanse 2 quendas por idades, o xoves 10 e o venres 11 de xullo de 2025
Quenda 1: rapazada de 9-11 anos de 10:00 a 14:00 horas
Quenda 2: rapazada de 12-16 anos de 10:00 a 14:00 horas
As prazas son limitadas e a inscrición que é de balde deberase realizar presentando o impreso de inscrición a través do Rexistro Xeral do Concello de forma presencial ou electrónica.


