Obras de mellora na Avenida de Compostela (N-550)

Zona das obras na Avenida de Compostela

O Concello de Oroso iniciará o próximo luns día 14 unha nova actuación na Avenida de Compostela, no tramo urbano da N-550.

Trátase dun proxecto de ampliación e mellora das beirarrúas na marxe esquerda, entre os números 22 e 36, cun investimento próximo aos 63.000 euros.

As obras, promovidas polo propio Concello dentro do POS provincial, contan cun prazo estimado de execución inferior a dous meses, e forman parte do compromiso por seguir mellorando a accesibilidade, a seguridade e a calidade urbana de Oroso.

Durante os traballos, algunhas prazas de estacionamento próximas á zona poderán verse puntualmente afectadas, polo que pedimos comprensión á veciñanza e que usen o aparcadoiro da Alameda de Góis como primeira opción.

Trátase dunha actuación pensada para o interese xeral, que busca facer de Oroso un concello máis cómodo e adaptado ás peroas.

Compartir: