O Concello de Oroso avanza na construción dun novo local social na parroquia de Oroso e asume a suba do IPC nas tarifas da auga para evitar que repercuta nas familias
O Concello de Oroso aproba en pleno dúas propostas clave para o desenvolvemento social e o apoio á veciñanza: a construción dun novo Local Social na Parroquia de Oroso, cun investimento de case 350.000 euros, e a asunción da suba do IPC nas tarifas da auga para evitar que afecte aos fogares.
Un novo Local Social en Oroso: máis servizos, máis vida parroquial
A proposta principal foi a aprobación do proxecto de construción dun novo Local Social na parroquia de Oroso. O investimento previsto ascende a 348.714,40 euros,
financiado entre o Concello e o POS provincial e permitirá crear un espazo
sociocultural moderno, accesible e funcional, pensado para dinamizar a vida veciñal e dar resposta ás necesidades actuais.
O edificio contará con estrutura portante propia, cuberta de tella cerámica, illamento térmico e acústico, carpinterÃa de calidade, pavimentos e acabados interiores de alta durabilidade, asà como instalacións completas de electricidade, fontanerÃa e protección contra incendios. O deseño busca integrarse na contorna, aproveitando un terreo próximo ao campo de fútbol municipal. O proxecto foi aprobado por unanimidade cos votos dos grupos municipais do PP, PSOE e BNG
Bonificación da suba do IPC nas tarifas da auga
Ademais, levouse a pleno a aprobación da bonificación correspondente á suba do IPC
nas tarifas da auga para o ano 2025. O Concello asumirá con fondos propios o custo
total de 52.734,45 euros, garantindo asà que este incremento non se traslade ás
familias orosás, mantendo conxeladas as tarifas tanto de abastecemento como de
saneamento.
Con estas medidas, o Concello de Oroso segue apostando por un municipio con
mellores servizos, máis cohesión social e unha xestión económica ao servizo das
persoas. A iniciativa aprobouse cos votos favorables do grupo municipal do PP (7) e
voa abstención do PSOE e BNG.


