PrecÃsase persoal colaborador para o comedor escolar
O CEIPP de Sigüeiro abre o prazo de inscrición para aquelas persoas interesadas en colaborar no servizo de comedor escolar durante o novo curso académico.
As persoas seleccionadas recibirán unha retribución de 12,50 € por dÃa e, ademais, poderán facer uso do comedor escolar. Os seus fillos e fillas estarán tamén exentos do pago do servizo, como parte das vantaxes desta colaboración.
O prazo de inscrición desenvolverase durante a primeira semana de setembro, cubrindo no propio centro o anexo correspondente.
No caso de non poder acudir presencialmente, o colexio pon á disposición da comunidade educativa outras vÃas de contacto:
- Chamando ao teléfono do centro.
- A través do correo electrónico ceip.sigueiro@edu.xunta.gal
Desde o CEIPP de Sigüeiro destacan que esta é unha oportunidade para colaborar e apoiar a comunidade educativa de Oroso, contribuÃndo ao bo funcionamento dun servizo esencial para o alumnado e as súas familias.
Para máis información, as persoas interesadas poden dirixirse directamente ao CEIP de Sigüeiro.


