O Concello de Oroso remata estes días a mellora de máis de 2,5 km de pistas en Vilacide e no Barreiro
O Concello de Oroso está a ultimar estes días os traballos de mellora da rede viaria municipal en distintos puntos da parroquia de Oroso, cun investimento que supera os 100.000 euros.
As actuacións abranguen a mellora de máis de 2,5 quilómetros de pistas municipais,
concretamente en Vilacide de Arriba, Vilacide de Abaixo e no lugar do Barreiro, xusto antes da ponte da autoestrada.
Con esta intervención, o goberno municipal continúa co seu compromiso de mellorar a
mobilidade, a accesibilidade e a seguridade viaria nas parroquias, facilitando os
desprazamentos da veciñanza e reforzando os servizos no rural.
O alcalde de Oroso, Álex Doval, salientou que “seguimos avanzando no plan de
mellora da rede viaria municipal, cunha inversión constante nas parroquias que
repercute directamente na calidade de vida da veciñanza. Son obras necesarias, que
responden a unha demanda histórica e que contribúen a manter en bo estado as
nosas infraestruturas básicas”.


