Oroso reforza os servizos de conciliación e acada un récord histórico de usuarios

Programas Bos Días Cole e Comedor Escolar

O Concello de Oroso continúa a apostar pola conciliación e polo apoio ás familias do municipio. Este curso escolar, grazas ao esforzo organizativo e económico realizado, conseguiuse eliminar as listas de espera nos servizos de conciliación, garantindo praza a todas as solicitudes presentadas en tempo e forma.

Os programas Bos Días Cole, que funcionan nos dous CEIP do municipio e no CRA de Oroso, e o Comedor Escolar no CEIP Camiño Inglés consolidáronse como ferramentas clave para facilitar a vida diaria das familias. Estes servizos permiten compatibilizar mellor os horarios laborais coa xornada escolar, ofrecendo ao alumnado atención educativa, lúdica e alimentaria de calidade.

O resultado é un récord histórico de usuarios e usuarias, que confirma a utilidade e a demanda destas iniciativas. Deste xeito, o Concello reafirma o seu compromiso cunha conciliación real e efectiva, que supón máis igualdade de oportunidades e maior benestar para a veciñanza de Oroso.

Compartir: