A conselleira do Medio Rural visita Oroso para reforzar o apoio ao sector primario
O Concello de Oroso recibiu este mércores a visita da conselleira do Medio Rural da Xunta de Galicia, MarÃa José Gómez RodrÃguez, nunha xornada de traballo centrada no presente e futuro do sector primario no municipio.
Durante a visita, a conselleira percorreu os invernadoiros de Casa Bella, unha explotación de referencia no ámbito hortÃcola, onde se puxo en valor o traballo das produtoras locais e se abordaron cuestións como a modernización das instalacións e a aposta pola sustentabilidade.
A xornada continuou cun encontro con representantes do sector gandeiro e forestal de Oroso. Nesa reunión analizáronse os principais retos que afronta o rural da zona, como a necesidade de melloras en infraestruturas, o acceso ás axudas públicas, a renovación xeracional e a importancia de manter unha xestión sostible dos montes.
A conselleira destacou o compromiso da Xunta co desenvolvemento do medio rural galego a través de distintas liñas de apoio, formación e innovación, mentres que desde o Concello de Oroso se agradeceu a visita e a colaboración institucional, reiterando o compromiso do goberno local coa defensa do rural como piar estratéxico para o desenvolvemento económico, social e territorial do municipio.


