Rematadas as obras de mellora viaria na Costa (Trasmonte)

Obras de mellora da rede viaria na zona da Costa, na parroquia de Trasmonte
Obras de mellora da rede viaria na zona da Costa, na parroquia de Trasmonte

O Concello de Oroso vén de finalizar as obras de mellora da rede viaria na zona da Costa, na parroquia de Trasmonte, cun investimento próximo aos 70.000 euros. Esta actuación forma parte do compromiso do goberno local por seguir mellorando as infraestruturas viarias en todas as parroquias do municipio.

O proxecto permitiu o arranxo de 10 pistas, que suman máis de 1,5 quilómetros de lonxitude, mellorando de forma significativa a seguridade e a comodidade nos desprazamentos da veciñanza. Ademais, incluíronse obras de mellora da rede de pluviais en dous puntos críticos, resolvendo problemas históricos de acumulación de auga e escorrentías que afectaban a estas vías en épocas de choivas intensas.

Estas melloras responden á demanda veciñal e enmárcanse dentro dunha estratexia máis ampla de conservación e modernización do viario municipal, especialmente nas zonas rurais, onde estas actuacións teñen un impacto directo na calidade de vida da poboación.

Desde o Concello de Oroso, reiteramos o compromiso de continuar investindo na mellora das infraestruturas públicas en todas as parroquias do termo municipal.

Compartir: