O Concello de Oroso informa da apertura provisional do aparcamento na Avenida de Compostela

Zona das obras na Avenida de Compostela

O Concello de Oroso informa de que a partir desta tarde volverá permitirse o aparcamento nas prazas da Avenida de Compostela, de maneira provisional, mentres continúan os traballos de mellora viaria que se están a desenvolver nesta zona do núcleo urbano.

Esta medida adoptase co obxectivo de facilitar o acceso e a mobilidade da veciñanza e dos comercios locais, permitindo o uso temporal das prazas de estacionamento mentres se avanza nas obras de renovación do firme e na mellora da seguridade e estética da avenida.

Debido á previsión de chuvias nos próximos días, as prazas de aparcamento aínda non estarán delimitadas nin pintadas, polo que desde o Concello pídese á cidadanía prudencia á hora de estacionar os vehículos, así como respecto polos espazos comúns e pola sinalización existente.

O Concello de Oroso agradece a comprensión e colaboración de todos os veciños e veciñas durante o desenvolvemento destas actuacións, que forman parte dun plan integral de mellora das vías públicas e dos servizos urbanos do municipio.

Lembramos que se trata dunha medida temporal, e que unha vez finalizados os traballos de pavimentación e sinalización horizontal, o aparcamento quedará plenamente operativo conforme á nova ordenación da zona.

Compartir: