Oroso anuncia unha nova edición de OrosoGóisArte para o 4 de decembro de 2025
O Concello de Oroso convoca unha nova edición do certame cultural OrosoGóisArte, que terá lugar o vindeiro 4 de decembro de 2025, reforzando a súa conexión coa vila irmá de Góis (Portugal). Este intercambio artístico é unha das apostas máis importantes para a promoción da cultura local e para fortalecer os lazos entre ambos os municipios.
Acceso libre a novos artistas locais
Co fin de implicar á comunidade artística de Oroso, a organización abre un prazo especial até o 24 de novembro para que os/as creadores/as locais inscriban novas obras. Poderán participar artistas de diferentes disciplinas, tales como pintura, fotografía, escultura e debuxo.As inscricións realízanse no Centro Cultural de Oroso, entre as 9:00 h e as 14:00 h, e cómpre entregar unha ficha de participación xunto coa fotografía da obra, seguindo as bases do certame. Este requisito está en liña coa convocatoria que organiza o Concello irmán de Góis.
Un impulso á visibilidade e identidade cultural
Dende o departamento de Cultura subliñan que OrosoGóisArte é unha “oportunidade única para dar visibilidade ao talento local máis alá das nosas fronteiras”.Esta iniciativa, ademais de promover a creatividade dos artistas orosáns, serve para fortalecer a cooperación cultural con Góis, unha relación que transcende o mero hermanamento institucional.


