O Concello de Oroso entrega un detalle ás familias beneficiarias das axudas á natalidade
Con motivo do DÃa Internacional da Infancia, o Concello de Oroso fixo entrega ás familias beneficiarias das axudas á natalidade dun pequeno detalle: unha hucha que simboliza o valor de educar no aforro, na responsabilidade e nos bos hábitos desde as primeiras etapas da vida.
Este agasallo acompaña o programa municipal de apoio á natalidade, co que o Concello reforza o seu compromiso co benestar das familias e co futuro da infancia en Oroso. A iniciativa súmase ao conxunto de accións impulsadas polo goberno local para crear un entorno máis seguro, cálido e esperanzador para os máis pequenos.
As axudas á natalidade en Oroso
O Concello de Oroso mantén o programa de apoio económico á natalidade a través das axudas de 350 euros por cada novo fillo.
Esta medida foi aprobada como parte dunha estratexia para frear o descenso dos nacementos no municipio: entre os anos 2016 e 2021, o número medio anual de nacementos reduciuse significativamente en comparación con etapas anteriores.
Ademais, un dos criterios para obter esta subvención é que os solicitantes –pais ou adoptantes– acrediten residencia no Concello de Oroso durante, alomenos, seis meses.
O Concello lembra que as axudas poden tramitarse a través da Sede Electrónica.



