Oroso acende o Nadal este venres 5 de decembro
O Concello de Oroso está a preparar unha noite máxica para dar formalmente a benvida ao Nadal. O vindeiro venres 5 de decembro, será acendido o alumeado navideño, nun acto público que terá lugar ás 19:00 horas na Praza Isaac DÃaz Pardo.
O evento contará con animación musical e un ambiente festivo pensado para gozar en familia, convertendo a praza nun espazo de encontro e celebración para veciños e veciñas de todas as idades.
Desde o Goberno municipal convidamos a toda a veciñanza a participar, gozar do espectáculo lumÃnico, compartir con familiares e amigas e dar o pistoletazo de saÃda a unhas festas que, con luces, cor e boa música, queren encher as rúas de Oroso de espÃrito navideño.
Agardámosvos para iluminar xuntos o Nadal en Oroso!


