Acendido do alumeado de Nadal na Praza Isaac Díaz Pardo

Acto de acendido das luces de Nadal na que estivo presente o gorberno local de Oroso encabezado polo seu alcalde, Álex Doval, representantes da Xunta de Galicia e moita veciñaza de Oroso.

Onte tivo lugar o tradicional acendido do alumado de Nadal na Praza Isaac Díaz Pardo, un acto que, a pesar da chuvia, conseguiu reunir á veciñanza nun momento simbólico que marca o comezo oficial destas datas tan especiais. As luces, que desde agora iluminarán as rúas do municipio, representan o inicio dun período de encontro, celebración e participación comunitaria que cada ano enche Oroso de ambiente festivo.

Con motivo deste acendido, o Concello anima a toda a cidadanía a desfrutar da programación municipal preparada para o Nadal, unha oferta ampla e pensada para todas as idades que inclúe actividades culturais, lúdicas e sociais, co obxectivo de favorecer a convivencia e crear espazos de lecer compartido. Ao mesmo tempo, faise un chamamento a apoiar o comercio local, que desempeña un papel esencial na dinamización económica do concello e contribúe de maneira decisiva a dar vida e identidade ás nosas rúas.

As obras de remodelación da Praza Isaac Díaz Pardo atópanse xa na súa fase final e ao longo deste mes completaranse os traballos pendentes, que inclúen o remate do mobiliario urbano, o enlosado e a reorganización do espazo público. Está previsto tamén que se habilite a apertura do tráfico desde a rúa Xuncal, o que permitirá recuperar plenamente a funcionalidade da praza e mellorar a comodidade e accesibilidade para toda a veciñanza. Con esta intervención, o Concello reafirma o seu compromiso coa creación de contornos máis amables, modernos e adaptados ás necesidades do municipio.

Compartir: