Oroso aposta polo emprendemento feminino co apoio da Xunta de Galicia
O Concello de Oroso recibiu hoxe a visita da delegada territorial da Xunta de Galicia na Coruña Belén do Campo que xunto co alcalde Alex Doval coñeceu de primeira man o proxecto hostaleiro Al Alba unha iniciativa emprendedora asentada no municipio e beneficiaria do programa autonómico Emega.
Durante a visita púxose en valor o papel destas axudas públicas como ferramenta clave para impulsar o emprego feminino o autoemprego e a creación de iniciativas empresariais no ámbito local especialmente no medio rural.
O establecemento Al Alba resultou beneficiario da liña Emega Emerxe cunha achega de 10.000 euros destinada á creación dun novo posto de traballo por conta propia un apoio que contribúe a garantir a viabilidade inicial do proxecto e a súa consolidación como negocio estable no concello.
O programa Emega impulsado pola Xunta de Galicia ten como obxectivo fomentar o emprendemento feminino e a participación das mulleres no tecido económico galego a través de diferentes modalidades de axuda orientadas á creación consolidación e innovación empresarial asà como á conciliación da vida laboral e persoal.
No caso concreto do Concello de Oroso catro emprendedoras resultaron beneficiarias da liña Emerxe e unha delas contou ademais coa axuda complementaria Emega Concilia destinada a facilitar a conciliación familiar e laboral un dato que reflicte a importancia destas polÃticas para favorecer a igualdade de oportunidades.
Desde o Concello de Oroso valoramos moi positivamente a colaboración coa Xunta de Galicia e o impacto destes programas no desenvolvemento económico local no apoio ao liderado feminino e na xeración de emprego estable e de calidade.
Seguimos traballando para que Oroso sexa un concello con oportunidades reais para emprender medrar e construÃr proxectos de futuro


