O Roupeiro Municipal de Oroso solicita doazóns de roupa urxente
O Roupeiro Municipal de Oroso informa á veciñanza de que nestes momentos existe necesidade urxente de abrigos e batas de inverno de señora en talla XL, co obxectivo de poder dar resposta ás demandas das persoas e familias usuarias deste servizo social municipal.
O Roupeiro Municipal é un recurso solidario xestionado polos Servizos Sociais do Concello de Oroso, que ten como finalidade proporcionar roupa ás persoas que atravesan situacións de dificultade económica ou social garantindo asà unha atención digna e adaptada ás necesidades básicas especialmente durante os meses de inverno.
As persoas que desexen colaborar poden entregar directamente as doazóns nas oficinas de Servizos Sociais ou ben contactar previamente a través do teléfono 981 688 950 para recibir información sobre horarios e procedementos.
Desde o Concello de Oroso queremos agradecer unha vez máis a implicación solidaria da veciñanza, que coas súas achegas permite manter activo este servizo esencial e continuar apoiando a quen máis o precisa reforzando os valores de cooperación compromiso e apoio mutuo no noso concello.
Grazas pola vosa colaboración!!!


