Convocatoria para cubrir unha praza de administrativo no departamento de Urbanismo do Concello de Oroso

Oposicións Concello de Oroso

O Concello de Oroso informa da publicación no Boletín Oficial do Estado do anuncio correspondente á convocatoria para a cobertura dunha praza de administrativo ou administrativa, adscrita ao departamento de Urbanismo, mediante o sistema de oposición en quenda libre.

Esta convocatoria forma parte da oferta de emprego público municipal e ten como obxectivo reforzar os recursos humanos dun servizo clave para a xestión municipal garantindo unha atención máis eficiente á veciñanza e unha mellora na tramitación dos procedementos urbanísticos.

As bases reguladoras do proceso selectivo foron publicadas con anterioridade no Boletín Oficial da Provincia da Coruña, onde se recollen os requisitos de participación o sistema de selección a composición do tribunal cualificador e o contido das probas que integran a oposición.

O prazo de presentación de solicitudes é de 20 días naturais, contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio no BOE polo que as persoas interesadas deberán presentar a súa solicitude dentro deste período conforme ao modelo e ás indicacións recollidas nas bases.

Toda a información detallada sobre o proceso selectivo así como os sucesivos anuncios, listas de persoas admitidas e excluídas datas de exame e resultados, faranse públicos nos medios oficiais establecidos nas bases garantindo os principios de igualdade mérito publicidade e transparencia.

Desde o Concello de Oroso animamos ás persoas interesadas que cumpran os requisitos a participar neste proceso selectivo que contribúe ao fortalecemento da administración local e á prestación de servizos públicos de calidade á cidadanía.

Con esta convocatoria, o Concello de Oroso continúa avanzando no reforzo dos seus servizos municipais, garantindo procesos selectivos baseados nos principios de igualdade, mérito, capacidade e publicidade.

Compartir: