Xiana Reboredo, subcampioa galega Sub 16 de lonxitude en pista cuberta

Xiana Reboredo Dosil, subcampioa galega de salto de lonxitude no Campionato Galego Sub 16 en pista cuberta

O Concello de Oroso quere felicitar á nosa veciña de Deixebre, Xiana Reboredo Dosil, que o pasado 22 de febreiro se proclamou subcampioa galega de salto de lonxitude no Campionato Galego Sub 16 en pista cuberta, celebrado en Ourense.

A atleta acadou un magnífico rexistro de 4,88 metros, un resultado que reflicte o seu talento, esforzo e constancia, e que a sitúa entre as promesas máis destacadas do atletismo galego na súa categoría.

Este éxito deportivo é motivo de orgullo non só para a parroquia de Deixebre, senón para todo o municipio de Oroso, que continúa demostrando o potencial da súa canteira deportiva grazas ao traballo diario de deportistas, familias, adestradores e clubs.

Desde o Concello de Oroso queremos trasladarlle a Xiana os nosos máis sinceros parabéns, recoñecendo o seu compromiso co deporte e animándoa a seguir traballando con ilusión para acadar novos retos e éxitos no futuro.

Parabéns, Xiana!!!

Compartir: