O Concello de Oroso licita a construción do novo Local Social da parroquia de Oroso
O Concello de Oroso vén de sacar a licitación a
construción do novo Local Social de Oroso, un proxecto que a parroquia leva
esparando máis de dez anos e que por fin inicia o seu camiño para converterse nunha
realidade.
O novo edificio situarase no lugar de A Penela, nunha parcela municipal de máis de
16.000 m², e permitirá dotar á parroquia dun espazo sociocultural novo. Desta maneira
completa asà un complexo completo no que se encontra o Campo de Fútbol da Penela
e o campo da festa, converténdose asà no centro principal de actividades asociativas e
veciñais da parroquia.
O proxecto contempla a construción dun edificio dunha única planta, cunha superficie
construÃda de preto de 200 m², aos que se suma un amplo porche cuberto de máis de
80 m². No seu interior contará cunha gran sala polivalente de preto de 100 m²,
despacho, almacén e aseos adaptados, garantindo accesibilidade e funcionalidade
para todo tipo de usos veciñais.
Trátase dun espazo pensado para acoller reunións, actividades culturais, formativas e
sociais, reforzando a vida asociativa e o dinamismo da parroquia. A actuación cumpre
coa normativa urbanÃstica vixente e intégrase no entorno rural da zona, respectando a
paisaxe e a tipoloxÃa tradicional.
O orzamento base de licitación ascende a 348.714,40 euros, IVE incluÃdo e o prazo de
execución é de 12 meses.
O alcalde de Oroso, Alex Doval, destaca que esta actuación supón dar resposta a
unha demanda histórica da parroquia de Oroso e reafirma o compromiso do goberno
municipal coa mellora das infraestruturas públicas e coa igualdade de servizos entre o
núcleo urbano e o rural. Trátase, ademais, da parroquia máis extensa e con maior
número de habitantes do municipio, despois do núcleo urbano de Sigüeiro, que ata o
de agora era a única que non contaba cun local social en condicións, unha situación
que por fin se vai corrixir con este proxecto.
Con esta licitación, que ten de prazo de presentación de ofertas ata o 18 de Marzo,
Oroso dá un paso decisivo para contar cun novo punto de encontro veciñal para a
Parroquia de Oroso, moderno, accesible e preparado para o futuro.


