Novas axudas LEADER 2026–2028 para impulsar proxectos no rural

Axudas LEADER 2026–2028, impulsa o teu negocio rural

Prazo aberto ata o 6 de abril

O Concello de Oroso informa da apertura da nova convocatoria das axudas LEADER para o período 2026–2028, un programa impulsado pola Xunta de Galicia a través dos Grupos de Desenvolvemento Rural (GDR) destinado a apoiar iniciativas empresariais e emprendedoras no medio rural.

Estas axudas están pensadas para favorecer a creación de emprego, a modernización das pequenas empresas e a diversificación económica do rural, apoiando proxectos que contribúan ao desenvolvemento sostible do territorio.

Que tipo de proxectos se poden financiar

A convocatoria permite apoiar diferentes actuacións vinculadas á actividade económica no rural, entre elas:

  • Creación ou modernización de pequenas empresas
  • Adquisición de maquinaria e equipamento novo
  • Melloras e adaptacións en instalacións ou inmobles empresariais
  • Proxectos de dixitalización e innovación tecnolóxica
  • Iniciativas de transformación agroalimentaria ou forestal
  • Pequenos proxectos agrarios complementarios á actividade principal
As bases reguladoras da convocatoria poden consultarse no seguinte enlace oficial da Xunta de Galicia.

Contía das axudas

As achegas económicas varían en función do tipo de proxecto:
  • Ata 120.000 euros para proxectos produtivos promovidos por empresas ou persoas emprendedoras
  • Ata 18.000 euros para novas persoas autónomas a través do programa Bono Activa Rural, destinado a apoiar o inicio de actividade no medio rural


Persoas beneficiarias

Poden optar a estas axudas:
  • Pequenas empresas situadas en zonas rurais
  • Persoas emprendedoras que inicien unha actividade


Prazo e presentación de solicitudes

As solicitudes deben presentarse por vía electrónica a través do procedemento MR701L da Xunta de Galicia.

Asesoramento para presentar proxectos

As persoas interesadas en desenvolver unha idea empresarial ou modernizar o seu negocio poden contactar co Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR), que ofrece asesoramento técnico gratuíto para a preparación e tramitación das solicitudes.
Desde o Concello de Oroso animamos á veciñanza e ao tecido empresarial a aproveitar esta oportunidade para impulsar novos proxectos, xerar emprego e contribuír ao desenvolvemento económico do noso rural.

Compartir: